A Boda na Selva

Había unha festa no bosque, todos foron convidados, todos, excepto o León que ao decatarse moi enfadado e cheo de ira marchouse moi lonxe, sentiuse a ovella negra do bosque.

Os animais non querían contar coa sua presenza na festa, o león era un pouco problemático sempre o quería todo para él, de cando en cando compartía algo pero rara vez, por non falar do seu carácter, gruñón e enfadadizo, asustaba a todos cos seus berros e mal xenio. Quen querería a alguén así nunha festa? A verdade os animais estiveron de acordo en apartalo da celebración, non querían que ninguén estragase este momento feliz, ademais o león adoitaba estar só e seguro que non lle importaría, iso pensaron eles, porque ao león afectáralle moitísimo, él non se daba conta de que o seu comportamento non gustaba e sempre os sentira como amigos, pero que amigo non conta contigo para unha celebración?.
Ninguén se decatou da sua partida, Don León era desas persoas que fan pouco ruído cando están ao teu carón. É certo que algunha que outra vez tentarán xogar con él pero era tan distinto que os seus xogos non gustaban a ninguén, a verdade os animais non entendían ao león e tampouco se esforzaron en tentalo.

Houbo un momento que sentiron un gran ruxido o lonxe, déronse conta que quizais o seu amigo necesitaba axuda e lles apenou ser os causantes dos seus males, non foran xustos e tiveron grandes remordos. Todos buscaron a Don león pero foi inútil “ao León tragárao a terra”. Entón a pena alagou o bosque e todos os animalitos comezaron a chorar. Decidiron que non habería festa, non sería o mesmo sen a presenza de Don León o botaban en falta, era verdade eso que decía sempre o lobo,

“non sabes o que tes ata que o perdes”.

Meses despois cando case se esqueceran do seu amigo, unha invitación conxunta chegou o seu bosque:

Don Leoncio ten o gusto de convidarlles á súa voda

Todos moi alegres comezaron a imaxinarse como sería a muller de Don Leoncio, puxéronse as suas mellores galas e decidiron emprender camiño á ese lugar chamado Selva, alí sería onde se celebraría o gran compromiso.
O camiño foi longo pero chegaron moi pronto porque estaban desexosos de ver ao seu vello amigo e de ter a conversación pendente, esa conversa que tantas veces ensaiaran, esa que empeza cunha desculpa e termina cun quérote.
Ao chegar á selva todo era ledicia. Animais de rechamantes cores déronlles a benvida con cánticos que nunca escoitaran, non saían do seu asombro, qué lugar tan bonito, mesmo parecía que alí habitaba a maxia, quedaban coa boca aberta cada vez que un novo amigo de Don León presentábase, algúns mesmo parecían xigantes.

Alí no medio da selva estaba Don Leoncio cun gran sorriso, nunca o viran tan feliz e ao seu lado un animal non tan peludo e corpulento pero moi parecido a él, sería a sua muller?.
Don Leoncio saúdoulles cortésmente, fixo as presentacións con moito agarimo, Leoncia miráballe con grandes ollos de namorada, nese momento os animais do bosque se decidiron a pedir desculpas polo seu comportamento, diante de todos, estaban moi arrepentidos. Don Leoncio non dixo nada só miroulles con compaixón para él seguían sendo os seus amigos, sabía perdoar.  Deuse conta que os amigos, ás veces pódense trabucar e non por iso deixan de ser amigos.

Era feliz, os seus novos amigos souberan gañarse o seu corazón, non tentaran cambialo, iso era algo que só podería facer él se quería, non lles importaban as suas manias ou carácter porque era algo que formaba parte da sua personalidade e sería o tempo e a paciencia o encargado de ir dulcificándoo.

Os seus novos amigos non cuestionaban os seus momentos de silencio ou as suas huídas a lugares que só eran para él, respetábano e dábanlle o seu espazo, non como algo forzado senón porque lles saía do corazón. Molestáronse en interesarse en cales eran as súas motivacións e intereses e é así, como o León sentiuse no seu lugar, na súa casa e é así entendeu que hai amigos cos que nos gusta estar máis que con outros e non por iso deixan de ser amigos, hai moitos tipos de amizade e así explicoullo aos seus amigos do bosque, compartimos momentos xuntos e eses lembrareinos sempre pero deime conta que a amizade é moito máis, é comprensión e dar o mellor dun e isto atopeino cos meus amigos da selva.

Os animais do bosque comprenderon as súas palabras porque sabían que nunca tiveron a chave que abrise o seu corazón, nin sequera buscárona. Entenderon que a única razón da invitación do león fora, facerlles participes da súa alegría, como parte que foran da sua vida e sentironse felices porque él era moi feliz. Mirando ao seu ao redor déronse conta do diferentes que eran os seus novos amigos e comprenderon que él alí era o rei.
Don León e Leoncia tiveron unha espectacular festa. A voda terminou á noitiña despois dun gran banquete e unha divertida festa. Todos entenderon que o máis bonito era ser capaces de convivir aínda que fosen tan distintos, decidiron coñecerse moito máis, así que, fixeron un festival no que representarían dúas obras ben distintas pero cada unha delas especiais para representar tan distintas vidas.

O bosque encantado e o Libro da Selva, cal das dúas gañaría?

Don mono era o director dos animais da Selva e dona esquio a directora dos do bosque.
Primeiro tocoulle a quenda aos animais da selva, os crocodilos, as serpes, os elefantes..difícil superar a tan grandes actores. Pero os animais do bosque lograron facerse un oco coas súas interpretacións o bufo, o lobo, os coellos,..todos puxeron o mellor de sí para que a obra fose todo un éxito.
Houbo un empate en aplausos porque ambas obras souberan recoller moi ben os sentimentos de cada un deles.
Á mañá seguinte os animais do bosque comprenderon que aquel lugar era a casa do León e xamais ninguén lograría que a deixase, alí tiña aos seus verdadeiros amigos, era un animal da Selva e como o querían de verdade, despedíronse moi ledos de velo feliz e invitaron a todos a próxima festa, esta vez sería no bosque e don León o convidado especial.

Recorda

Mira cos ollos do corazón e acepta que todos somos ben distintos,

esto e o que máis nos enriquece como persoas.

Convivir todos xuntos e o máis bonito e divertido do mundo

Nesta vida e máis feliz o que coida ben dos amigos!

Be the first to comment

Leave a Reply

Your email address will not be published.


*