A festa das Risas

Como en toda boa familia a Risa sempre acompañaba a diversión, pero houbo un día que desapareceron tódalas Risas de tódolos fogares, menos en un. A Risa de don Mandamás seguía xunto a el, esta acompañáballe todo o día, de aquí cara alá como a súa sombra. Todos envexaban a Mandamás, sempre tiña como compañeira á súa Risa.

O oco que deixaran as Risas pronto o ocuparon dona Tristura e don Malhumorado que pegáronse como lapas á xente, pero inda que querían ser como a Risa non era o mesmo, xa o dicían os papás: “non é igual escoitar os chistes de Dona Tristura, teñen moi pouca graza”. Por non falar de don Malhumorado sempre facía sen querer ou querendo, que se terminasen todas as festas, os momentos agradables, a ledicia…todo o estragaba coa sua visita, todos empezaban a querer que malhumorado liscase das súas vidas.

Mandamás seguía a súa vida, sen decatarse de que todos, absolutamente tódolos fogares, íanse apagando sen as súas Risas, nada era igual de divertido nada tiña sentido con Dona Tristura e don Malhumorado tentando levar todo ao seu terreo, o aburrimento.
Todos empezaron a enfermar os primeiros síntomas eran iguais, cabezas baixas, falta de apetito, escasez de bos sonos… era un terrible pesadelo.

¿Onde estaría dona Risa?

Os nenos xa non xogaban, os papás gardaban silencio, é o mundo era terriblemente gris e apagado.

Hay que buscar unha solución!!pensaron un día os nenos e comezaron a falar ás agachadas de Dona Tristura e don Malhumorado, moi baixiño para que non escoitasen o que tramaban porque se estes escoitaban a palabra “festa” seguro que farían o posible para que non se celebrase ningunha, tiñan todo tipo de excusas e argucias para tirar o traste as celebracións.

Falaron durante días planeando todo, decidiron levar ese mesmo día a dona Tristura e don malhumorado ao parque de atraccións e entre atracción e atracción déronlles a ambos o esquinazo.

Fixeron invitacións e as repartiron entre tódolos papás do reino, todas certificadas aos seus nomes para que Dona tristura e Don Malhumorado non se decatasen.
A invitación dicía así:
“Viste o teu mellor sorriso, calza o teu bo humor e sobre todo faino con alegría”
O día da festa do gran reino todos decidiron sacar dos seus caixóns os seus mellores sorrisos, se calzaron o seu mellor humor e vestíronse con alegría.

Reuníronse todos na rúa principal e empezaron a comentar canto se botaban de menos as Risas, cada un comenzou a lembrar cal era o seu mellor intre coa Risa e aos poucos da nada foi aparecendo sua mellor amiga, a Risa, por encantamento ou por arte de maxía todo eran Risas na festa, creceran tanto que Dona Tristura e don Malhumorado comenzaron a sentirse cada vez máis pequenos e aos poucos sentíronse tan a contragusto que decidiron marcharse ao lugar onde non se ven, nin se escoitan as Risas.
En Cambio as Risas volvéronse tan familiares que decidiron crear a asociación a das Gargalladas e unha fundación a das Lerias.

Sabedes onde está agora o reino da Tristura e don Malhumarado?


Pois máis aló do Esquecemento, entre xa non me gustas tanto e xa non che quero nada.

Be the first to comment

Leave a Reply

Your email address will not be published.


*