A Oca que non quería crecer

Tras os pasos da súa nai andaba todo o día o poliño de oca, se a nai oca ía arriba, él ía arriba e se baixaba, pois él tamén baixaba. A mamá oca o principio cando era un pequeno agradecía telo pretiño, tiña moitas cousas que ensiñarlle e inda non estaba preparado para bulir soiño polo campo, pero os días pasaban, os meses botábanse enriba e o poliño cada vez máis grande seguía pegadiño a sua nai, graznando todo o día “que si mamá esto, que si mamá aqueloutro”, por non falar do medo que tiña a todo o que lle rodeaba, que se acercaba un pato, pois presuroso metíase baixo a ala de mamá oca, que viña a galiña pois correndo outra vez a esconderse.

A nai do poliño estaba desesperada, non había forma de que poliño fixese as cousas soiño, xa era ben maior e seguía insistindo en ser pequeno, o que lle pasaba a poliño era que non quería crecer, digocho eu que ía ser iso pero día que pasaba, máis grande se facía e esconderse na ala da nai cada vez resultaba máis complicado, inda que a él dáballe igual, estábase tan ben con mamá, que ser maior en vez dunha gran aventura, resultaba ser un encordio na sua vida. Quén querría crecer co calentiño que se estaba cos coidados de mamá oca? por non falar do cómodo que era vivir sen facer nada.

Un día poliño deuse conta de que a ala de mamá empequeñecera, ¿sería iso? porque xa non podía refuxiarse baixo dela coma antes. Puxose moi nervioso, cómo e posible que non se poidera acochar? mamá oca riu para os adentros e pensou cal sería a mellor forma de que poliño entendese que chega un momento na vida de un que facer as cousas só, é necesario, que non ter medo e afrontar os problemas é de valentes e que os acochos a partir de ese momento serían abrazos nos que reconfortarse.

¿Cómo faría mamá oca para convencelo?

Difícil??? non creo que fora,o caso e que nunca o intentara, eu creo que a nai da oca gustáballe sentir que o seu neno non crecía, que egoísta ¿verdade? as nais teñen que ser felices vendo crecer os filliños e sentirse orgullosas.

Un día mamá oca preguntoulle a doña Cisne: como fas para que os teus filliños sexan tan independentes e desenvoltos?

A Cisne fitou para ela e díxolle: “ben sinxelo”, os nenos non hai que apartalos do teu carón hai que ensinarlles o bonito que é o seu camiño. Crecer é ben bonito ¿non crees?, cada día terán novos retos que superar e nós celebraremos cada un dos seus éxitos coma os seus mellores siareiros.

Quedou a pata media trasposta pero volveu preguntar: qué lles dixeches para que o fixeran?.

A Cisne botou unha gargallada “non lles dixen nada o mellor sempre e actuar, xa eles soiños faran o propio”. Cando o teu fillo te pida algo que xa poda facer soiño, so tes qué dicir: Ti podes, cando teña medo: “Ti es valente”, e despois de moito escoitalo entenderá que pode facer todo só e non ten porque ter medo.

Ben!! pensou a oca, vouno tentar.

O día seguinte poliño xa todo un mangallón empezou graznar novamente:  “teño fame nai, teño fame.. nai teño fame” a oca mirou para él e díxolle, pois veña: Ti es rápido. Ti sabes buscar comida.

O poliño mirou para ela e dixo: e ti queres que che busque para ti?

A nai quedou abraiada, qué considerado! quén o ía dicir!.

O intre trouxolle a nai o máis suculento verme pra cear e quedou tan feliz mamá oca que foron todo alagos para o seu filliño que sentiuse a mar de importante e ledo.

Mamá oca preguntoulle: pero se ti xa sabías buscar comida porque ma pedías?

E él contestoulle moi serio: eu pensaba que a ti gustabache darme de comer.

A nai tivo unha conversación moi longa que acabou nunha gran perta, a partir de ese día non volveu pedir comida, xa a buscaba él, xa era maior para preparar as suas cosas.

Pasaron os días e o poliño cada vez facíase máis independiente, só faltaba un pequeno punto,

superaría o poliño o seu medo?.

Un día chegou un falcón a granxa, a mamá oca non lle gustaban, escoitará como un falcón levárase o seu irmao pequeno, asustouse toda e buscou o seu fillo presurosa, a oca xa maior vendo que a nai estaba moi asustada, comprendeu que co grande que xa era, tiña que axudar él a sua nai, así que, ofreceulle a suas grandes alas para que mamá oca se escondera dos seus medos, a nai entendeu dende aquela que parte dos medos que tivera o poliño eran pola sua culpa e o seu medo a perdelo. Dende ese día entendeu que non se pode vivir con medo. Agora Poliño converteuse en Oca valente, non hai nada como entender que todos algunha vez temos medo pero que o amor faínos valentes.

Teríades que ver agora a poliño.

Be the first to comment

Leave a Reply

Your email address will not be published.


*