A Revolución das abellas

Estaba xa moi farta de escoitar “traballas como unha formiga”, e eso sempre significaba que eras un bo traballador, previsor, metódico, eficaz, pero nunca escoitei a ninguén “traballas como unha abella”, e as abellas traballamos moitísimo, somos ordenadas, eficaces, rápidas, sí dirás, como as formigas, pois case que mellor nós, xa que traballamos polos aires, coidamos da nosa terra. Elas as formigas fanse refuxios para vivir lonxe de todos, sen lugar a dubidas o seu traballo e moito máis sinxelo, e inda así reciben premios… repito, as abellas traballamos mellor e temos moitos máis riscos. Xa levaba un bo rato mentras voaba cara a colmea co run- run na cabeza, ían darlle un premio a todo o formigueiro do pobo e a colmea das abellas nada. Sempre pensara que as formigas tan estilosas e vestidas de negro resultaban máis coquetas que as abellas que coas suas cores rechamantes como que non encaixaban na función.

Era unha verdadera inxustiza, tódolos  anos o mesmo, a mesma cantinela, distintos premios, o mellor traballo, a eficiencia, o bo facer…todos para as formigas! e nós chinchadas sen levar nin unha palmadiña na espalda, en fin que non eramos ben invitadas a partición do pastel. Sempre pregunteime se realmente gañarían por méritos propios ou estarían enchufadas, ano tras ano, choque de máns, cuchicheos e risiñas, reparticións do bosque para elas…Facían carreteras de acceso o formigueiro e a nós, nin unha misera pista de aterrizaxe, facendo números para non caer o vacio ou chocar cunha compañeira, estaba craro que non eramos igual de importantes, como o chamades vos os humáns, ah xa recordo! eramos cidadáns de segunda, se algo temos as abellas e que nos queixamos ben pouco, quizás sea iso, quedamos caladiñas por non amolar, e isto non pode ser temos que cambiar.

Falando todas as abellas da colmea dímonos conta de que as formigas pouco aportaban a pequena aldea, robaban as cousas dos demáis, ían por libre sempre e eran tremendamente egoistas.Olvídate do conto de que as formigas son previsoras e gardan comida para o inverno, direivos a verdade, as formigas collen máis do que poden comer e ademáis elixen o mellor, espertade amiguiños collen o que é de todos, roubanos.

As abellas estábamos fartas, axudábamos a polinizar, e que sepas que esto é importantísimo na vida do planeta, que sí, que non é por botarnos frores, é unha gran verdade.

Non facíamos atascos, nen incordios para os demáis, traballabamos a mar de ben, sen protestar e moi contentas non collíamos nunca demáis, non eramos avariciosas e compartíamos cos humáns.

 ¿Por qué as formigas tiñan tanta sorte? ano tras ano, 

¿as mellores traballadoras?

Xa cheiraba, o enchufismo cada ano era máis patente e moito que ver tiña que dona Cigarra sendo presidenta da xuntanza o repartía todo. Chegamos a pensar que había algo máis que traballo polo medio, favores de dar por detrás coa raiña formiga, amiguismo, viaxes conxuntos, ceas e papancias cos alimentos de todos, unha desgracia, teño sospeitas de que o xurado está tamén comprado, o escarabello nunca me da unha razón convincente do recoñecemento as formigas, e o mosquito evade as miñas preguntas e non me colle o teléfono, será que na aldea estamos gobernados por xente corrupta, estou atando fios.

Todas as abellas estamos de acordo, non consentiremos que este ano gañen os que non deben, falamos tódalas abellas que somos moitas na colmea, tan caladiñas, sempre falando con zumbidos para non amolar,  xa sei que elas, as formigas son moitas máis ¿eh qué? imos gañar seguro porque nas máns temos o bo traballo, a razón está da nosa parte, non somos egoístas e traballamos mellor que ninguén e sobre todo pensamos no ben común por encima do de un mesmo, e desto as formigas pouco entenden.

Fixemos un escrito e recollimos firmas pola aldea, este ano o concurso debería ser por votación popular, nada de dar o premio os de sempre, aquí habería votación e sería toda a aldea a que decidise se quería que gañasen novamente as formigas ou ben nós.

Non sei que pensaredes pero eu o teño crarísimo que se alguén merecía o premio eramos nós, as abellas, a colmea tería o seu recoñecemento e nada ten que ver esto co pastel.

Fumos falar con doña Cigarra e como sabía que tiña que aceptar, puso a mellor cara e dixo que adiante que deixaba a elección nas máns do pobo que era o xusto. Qué marabilla!! o conseguíramos. Íase facer xustiza, gañaría quen o merecese.

E foi a votación e todos estabamos espectantes, as formigas pensaban, tolas delas que ían gañar. Nós sabíamos de sobra que seríamos nós.

Cigarra colleu o sobre coa resolución de tódolos animais e dixo: ” por votación popular as gañadoras deste ano son…” e ¿quén creedes vos que gañou?

Pois case acertades, este ano gañaron as formigas voadoras, familia das formigas, inda que esto non o dixeron, fixeron un mellor programa e se gañaron o cariño do público, qué si so collemos o necesario porque non podemos coller máis, que si non nos parecemos en nada as abellas, que si somos máis eficientes cas formigas….

Isto ensinounos unha gran lección as abellas, de nada vale pensar algo, se non o demostras porque por moito que sexas gañador hai que demostrar ata o último segundo que es o millor.

Nos confiamos demáis, dando todo por feito o próximo ano non nos relaxaremos e conseguiremos o premio, ese será o noso reto.

Be the first to comment

Leave a Reply

Your email address will not be published.


*