Beizos que contan os bicos

 

¿ Cantos bicos terán contado os teus beizos?

Bicos de sal, de area, de pedra…de vento e de fogo.  Haiche bicos que contan e bicos que olvidar.

Cada un, coa sua forma e cor, cada un, formando parte dunha interminable lista de recordos.

Temos os que saen de dentro e os que non dín nada, os que te roban e os que regalas,

os da familia, os da amizade, os dos reencontros, os do amor, os olvidados…

E despois están os outros,

eses que marcan a alma, eses que teñen sabor.

Be the first to comment

Leave a Reply

Your email address will not be published.


*