Extráñote

Como marcan as partidas, esas que ves vir e tentas asumir pero nunca encaixas de todo,

esas que crees un mal sono e convértense nun pesadelo.

Como doe a pérdida, o duelo, a tristeza de saber que non vou volver escoitar a túa voz,

sentir as túas pertas, as túas risas…

Que triste é aprender que todo empeza e acaba, que nacemos e irremediablemente morremos,

algúns tranquilos, outros coma ti, sen querelo.

Qué pena non vivir máis momentos, charlando, rindo, rindo a gargalladas 

e ás veces chorando.

Qué duro é asumir a túa falta!.

Hoxe síntome un pouco nena, teño ganas de sentar no teu regazo,

 de dicirche tódolos te quero que quedaron reservados,

tódolos te estimo que me esquecín, por non atopar momento.

Hoxe sei que non has de esperar a dicir: quérote!

que non has de deixar para máis tarde, unha perta ou bico.

Hoxe quero dicir: Vive, goza, saborea! 

porque a vida non regala momentos, véndeos o mellor postor.

Be the first to comment

Leave a Reply

Your email address will not be published.


*