A Tartaruga que o sabía todo

Tortuguín era a máis lista coas teclas, facía todo tipo de aplicacións para viaxes, o seu ordenador era por dícilo así, unha parte xa do seu corpo. Pasaba horas enredando cos códigos pero Tortuguín a parte de lista, era moi sabia e sabía que as máquinas non deben mandar en nós e cando pasaba xa moito tempo diante dela, apartaba a máquina e buscaba como unha tola a xente, estás por suposto tiñan o calor que Tortuguín precisaba.

As máquinas están ben, dicíalle os seus amigos, fan cousas por nós, axúdanos no traballo, facilitan os nosos días pero non te miran os ollos e non preguntan qué tal estás e que son máquinas, xa sabedes, non?.

Notaba que algúns dos seus amigos non sabían programar horarios, nin eran verdaderamente felices, parecíanse a algúns humáns, así que, decidiu contarlles a historia de don Pulga, un ilustre programador que morreu por obsesionarse tocando tanto as teclas.

Todos quedaron coa boca aberta, a todos lles encantaba xogar coas maquiniñas, no caso de Mapache a tablet convertíase na mellor das conselleiras, consellos para ter o mellor pelo, o mellor cutis, exercicios bos de ximnasia, as recetas para os pasteis e moitas curiosidades resoltas polo buscador facendo unha soa pregunta, pero Mapache non se daba conta que as veces non debería facer tanto caso a maquiniña, porque o peor das máquinas, mellor dito dos que escriben nelas e que as veces hay pouco de verdade nelas e moito engano no que precisas atopar.

Dona Aguía tiña adicción a subir videos a plataformas, todo o quería compartir porque tonta dela pensaba que todos esperaban saber a qué hora lavabase os dentes ou saía a cear fora, compartía os platos e as mellores vistas, convertira a sua vida nun escaparate nos que os amigos que a acompañaban, non eran tales, máis ben eran figurantes dunha película na que ela era a gran estrea, tódolos seus amigos estaban moi enfadados, sempre colgaba as fotos donde ela saía mellor sen preocuparse da cara que tiña dona lombriz ou das pintas con que saía don sapo, nunca pedía permiso, nin mostraba a máis mínima preocupación polo que lles parecía, e así día a día os seus amigos buscaban motivos para non quedar.

Coello xogaba todo o día a consola, día e noite apenas durmía, comía máis que rápido para no perderse actualizacións, nin novedades, só pensaba no mañá, ese día en que todos coñeceran o bo xogador que era, “coellick” as veces ata parecía que vivirá nun mundo no que comer ou sair, non fose nada importante, tanto e así que cada día mostrábase máis delgadiño. Os seus pés  convertíronse en obxetos decorativos do seu corpo, olvidárase para que valían e que alí frente a pantalla lóxicamente non os utilizaba.

Despois estaba Dona Xirafa tan pendente da vida dos demáis nas redes,  que por momentos olvidábase da súa propia vida. Todo o día comentando que si eso non se fai así, que si a roupa non é a apropiada, que si vete mellor para alá. Pensaba que tiña a razón absoluta sobre todo e así o facía saber, as veces dende as alturas, ata resultaba un pouco sabelotodo e metementodo, pero claro, ela non o sabía pero os demáis sí.

Hipopótamo tiña unha vida social intensa fora do auga,  ía de festa en festa, co móvil de acompañante, sacaba fotos a todo, a todo… ata o graniño de azúcar que lle caera tomando café, convertírase nunha persoa aburrida e pedante, que se o vino e excelente, que se o polvo está en su punto, en fin creía ser maestro de todo é en realidad nin sequera podería chamarse aprendiz.

Dona Esquío creíase a raiña da festa, ía co seu móvil e portátil a todos lados, subía fotos dos seus modelazos, cada vez que compraba algo, rápidamente o colgaba, como se a sua vida fose un escaparate barato, un escaparate de obxectos que inda que lle costaran moitísimo, carecían de valor.

Todos tiñan un gran problema, as máquinas tomaran as rendas das suas vidas, mandaban nelas e facían que todo xirara o seu redor. A Tartaruga sabía que tiña que facer algo, ela tiña a solución a tódolos problemas, pero primeiro decidiu contarlles a historia con tan tráxico final, a historia que todos precisaban e esperaban, a historia de Don Pulga unha historia triste que comenzaba así:

Pulga era un tipo sensato, miraba todo dous veces antes de comprar, era estricto coa sua rutina diaria, era amigo dos seus amigos e moi familiar, ata que un día polo seu aniversario regaláronlle os amigos un ordenador, un ordenador do mellorciño, ese que a todos nos gustaría ter de sobremesa, rápido, eficaz e o máis moderno.

O principio non lle fixo moita gracia  pero xa sabedes cando os amigos regalan algo o fan de corazón e deberíamos ser considerados con eles, inda que tamén sinceiros porque en eso consiste a amizade, así que, Don Pulga fitou mirando para eles e dixo: Para qué quero eu un ordenador?. Os amigos déronlle mil e unha razón de utilidade do aparello, falaronlle das suas virtudes, do bo que era para sua vida en fin vendéronlle ben o aparatiño, tanto que o final entre todos conseguiron que Don Pulga quedara máis contento e desexoso de probalo. Esa mesma noite montouno todo e comenzou a fuchicar con él, cando se deu conta xa era de día e él seguía navegando pola rede, agregando amigos, facendo a compra, vendo videos…Qué marabilla! pensou porque non mo compraría antes e así pasaba os días tecla para aquí, tecla para alá, tecla arriba, tecla abaixo…

Un día saltouse a cea, despois o día seguinte o almorzo, olvidouse de durmir o xoves, de chamar os amigos o venres, cada vez os seus ollos parecían estar máis preto da pantalla e os seus oídos máis lonxe de todos, so parecían querer escoitar o tic, tac, tic ,tac, tic, tac…das teclas. Xa non escoitaba o timbre da porta, nen o teléfono, nen os amigos pedindo que lles abrira…

Olvidouse de aniversarios, de festas, de chamar os papás, de chamar amigos, de regar as plantas.. só vivía para o seu novo compañeiro de casa e olvidouse de todo, incluso de VIVIR.

O ordenador conseguirá captar toda a sua atención, non tiña ollos para ninguén máis, non tiña voluntade para apartarse del porque por desgraza don Pulga estaba obsesionado co tic, tac, tic, tac, tic, tac… das teclas, ata o día que tamén se olvidou da auga entón pouco a pouco foise apagando, marchitando e o tic, tac, tic, tac, tic, tac converteuse nunha “T” en silencio que apagou nun intre o seu ser.

Todos quedaron en silencio, fitando para Tortuguín, era a historia máis triste e rara que xamáis oirán pero na sua mente seguían a imaxinar a Don Pulga nun cuarto só e triste, os seus amigos na porta, os seus pais a chorar…

Despedíronse da súa amiga Tortuguín e continuaron coas suas vidas coma se nada, iso pensaban eles porque sabedes unha cousa? despois desta historia nada volveu ser igual.

Mapache chegou a casa e comenzou a darse conta de que pasaba moito tempo diante da tablet, aquela plantiña seca do lado da ventá abriulle os ollos. Xa non lle parecía todo tan divertido coma antes, empezou a buscar varías respostas para unha mesma pregunta e a sair moito máis, e deuse conta de que as veces as mellores respostas están fora, vivindo a vida. Dona Aguía non sacaba da cabeza a imaxe de don Pulga tan soiño, e deuse conta de que os amigos non son figurantes, son tan importantes que hai que mimalos tódolos días moitísimo, decidiu facer as paces e non colgar máis fotos sen o seu consentimento, non era o xusto. Decidiu vivir máis para ela e menos para os demáis porque non tiña necesidade de demostrar o feliz que era. Coello entendeu que os pés precisaban uns bos zapatos para correr e que na sua vida non tiña que demostrar ser o millor xogando porque o máis divertido e o que lle facía máis  feliz, era simplemente  xogar cos amigos. Dona Xirafa comenzou a estar máis pendente dela e menos dos demáis e sentiuse orgullosa, todo se veía mellor dende arriba e sen mirar tanto para abaixo. Hipopótamo regresou os sitios onde verdadeiramente lle apetecía e coa excusa de que estaba a dieta rechazou moitísimas festas, era moito máis feliz rodeado dos seus e sobre todo no seu habitat, aquí era onde mellor estaba. Dona Esquío deuse conta de que tiña un envoltorio perfecto para tapar con pequeñeces, donou toda a sua ropa e deixou de sacarse tantas fotos, non precisaba demostrar nin quen era,nin o guapa que era, empezou a valorar as cousas non materiais que son as que de verdade máis contan, en fin, a vivir mellor.

E así, un conto triste fixo que todos tivesen un final feliz.

Recorda as máquinas son as nosas amigas, se ti non as convertes no teu peor enemigo.

Be the first to comment

Leave a Reply

Your email address will not be published.


*