Haiche días rosas

Hoxe é un día rosa, deses que marcan, deses nos que riscar unha cruz mesmo parece obrigado.

Moitas mulleres están en loita, érguense, respiran e proseguen e esto o fano tódolos días, tódolos días, tódolos días….

Haiche días nos que gritas “confianza no mañá” no que as palmadiñas só valen para coller impulso e retomar a loita,

inda con máis gañas e forza.

galiciamaxica_34-collage

Un día no que un lazo rosa vai máis alá do rosa

e ata máis que lacea.

Un lazo que conta a historia das que tiveron sorte, das que non tiraron a toalla, das que nunca se rinden e das que dan exemplo coa sua victoria.

Pedimos máis empatía para a que o sofre, máis axudas para a que traballa dentro ou fora da casa,

máis apoio para que loita soa…ou acompañada.

Pedimos máis porse na pel doutro, máis sentir, máis querer estar cerca…

Aproveitamos e tamén pedimos que os lazos veñan cargados de máis medios,

de máis axuda o que investiga

 e máis apoio para a que

loita.

Loitadoras, loitemos!!

Be the first to comment

Leave a Reply

Your email address will not be published.


*